top of page

"Tesouros familiares "é un proxecto de aprendizaxe colaborativa.

 

Realizamos unha viaxe ao pasado para coñecer a vida dos nosos antepasados

Síntese
 

O alumnado debe facer unha investigación na propia familia para coñecer os seus devanceiros e o seu modo de vida.  Unha viaxe ao pasado para coñecer a historia da familia a través dos seus protagonistas e toda a información documental que consigan encontrar. A información debe ser seleccionada pola familia, atendendo á criterios de confidencialidade, e posteriormente compartida nos grupos de traballo. A reflexión sobre a aprendixaxe e a difusión final (exposición e páxina web) completarán o proxecto.

Proceso

Que sabemos da nosa familia?

 

​O coñecemento das nosas orixes é clave para o desenvolvemento persoal. 

O punto de partida  deste proxecto foi o libro  Bisa Bea, Bisa Bel da autora brasileira Ana María Machado. A rapaza protagonista  vai desenvolvendo a súa personalidade a través do "diálogo" coa  fotografía da súa bisavoa.

A partir da fotografía  que  a protagonista mostra no colexio e  da chegada duns novos compañeiros, toda a clase se mostra interesada polos antepasados; interese que é aproveitado pola profesora para proporlles un traballo de investigación  na historia familiar.

Como nos organizamos?

 

Traballo individual que realiza o alumnado coa colaboración da familia.

​Pequenos agrupamentos na aula. Traballo en equipo  grupo-aula. Traballo en equipo na Biblioteca

Cal será o produto final?

 

​Reflexión sobre a aprendizaxe. Unha exposición no centro que recolla a  síntese do traballo realizado e unha páxina web para difusión na rede.

Planificación das tarefas

Actividades individuais alumnado- familia.

Tratamento do material achegado en relación con cada materia co profesorado de aula.

Actividades comúns na Biblioteca. 

1º trimestre: recollida de información. Achega de material particular e relación cos contidos curriculares.

2º trimestre: familiarización coas ferramentas informáticas para o tratamento da información.

3º trimestre. difusión da experiencia: Exposición e páxina web e valoración final.

Recompilación de información

 

​Unha primeira actividade de recollida de información no ámbito familiar: conversas, fotografías, correspondencia, documentos de identificación, etc...  A información recollida amplíase para situala no seu contexto, con consultas na biblioteca escolar e en internet.

Selección e clasificación da información

 

​Partindo da documentación achegada por cada alumno/a,, clasificase e arquívase  a información segundo novos intereses para o seu tratamento na materia correspondente. Utilízanse recursos analóxicos e dixitais.

Materias

Educación Plastica Visual e Audiovisual.

Lingua Castelá e Literatura.

Lingua Galega e Literatura.

Matemáticas.

Xeografía e Historia

Alumnado

Grupos de 1º de ESO.

Biblioteca

Xestión e asesoramento.

Familias

Fontes documentais.

Seguimento.

Relación co  currículo

Presenza dos contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe nas materias :

Educación Plastica Visual e Audiovisual.

Lingua Castelá e Literatura.

Lingua Galega e Literatura.

Matemáticas.

Xeografía e Historia

Desenvolvementos das Competencias clave

2010 - present
2010 - present

Preparación do produto final

 

​Coa información achegada e os novos coñecementos adquiridos prepárase a exposición final que debe recoller tanto o proceso como a experiencia de aprendizaxe.

Presentación do proxecto

 

​ Para a difusión entre a comunidade educativa.  Unha exposición no centro  que fai visible tanto o resultado final como as distintas tarefas realizadas. Unha páxina web para a difusión na rede.

Reflexión sobre os coñecementos adquiridos

 

Que novos coñecementos temos despois da realización deste proxecto? Como contribúen estes coñecementos á miña formación persoal?  Como reforzan a miña formación académica? Que competencias me proporciona?

Avaliación

 

​Autoavaliación mediante a reflexión sobre a aprendizaxe. Avaliación segundo os criterios de cada materia participante no proxecto.

bottom of page